ESADS en Red | Escuelas Superiores de Arte Dramático en Red

ESAD de Galicia

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia leva máis de 15 anos formando profesionais no ámbito da plástica escénica…
Noticias

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia leva máis de 15 anos formando profesionais no ámbito da plástica escénica…

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia leva máis de 15 anos formando profesionais no ámbito da plástica escénica.

Aquí tedes máis información sobre os requisitos para estudar o GRAO en ESCENOGRAFÍA, o perfil profesional 👷‍♀️, o plan de estudos 👩‍🎓, a probas de acceso…

+INFO: www.esadgalicia.com

#escenografia
#artedramatico

O prazo de inscrición ás probas de acceso aos estudos de arte dramática da ESAD de Galicia está aberto até o 16 de xuño …
Noticias

O prazo de inscrición ás probas de acceso aos estudos de arte dramática da ESAD de Galicia está aberto até o 16 de xuño …

O prazo de inscrición ás probas de acceso aos estudos de arte dramática da ESAD de Galicia está aberto até o 16 de xuño de 2025.

As probas de acceso serán diferentes para cada especialidade e terán lugar nas seguintes datas:

▶ O 7 de xullo, as de escenografía e as de dirección escénica e dramaturxia.

▶ Do 7 ao 10 de xullo, as de interpretación, en quendas das que se informará máis adiante, en función do número de aspirantes.

🔍 Máis detalles: https://esadgalicia.com/probas-de-acceso/

@esadgalicia
@escenografia.gal

Mañá, martes 20 de maio, ás 12:30 teremos a honra de acoller o acto de presentación do libro de actas do I CONGRESO INTE…
Noticias

Mañá, martes 20 de maio, ás 12:30 teremos a honra de acoller o acto de presentación do libro de actas do I CONGRESO INTE…

Mañá, martes 20 de maio, ás 12:30 teremos a honra de acoller o acto de presentación do libro de actas do I CONGRESO INTERNACIONAL DO TEATRO GALEGO, unha iniciativa da Academia Galega de Teatro.

Co título «Deseñando horizontes. Situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego», neste volume, editado polo Consello da Cultura Galega, preséntase unha profunda e plural radiografía do teatro galego, así como múltiples propostas para garantir a súa sustentabilidade, proxección e relevancia social.

No acto participarán, por parte da Academia, Eduardo Alonso e Paco Oti. Por parte do Consello, Cristina Domínguez.

Para non perder!

@academiagalegadeteatro
@consellocultura
@esadgalicia

#teatrogalego

🌼🍀 MOSTRAS DE PRIMAVERA 2025 🍀🌼 Velaquí temos xa a programación dos espectáculos que o alumnado da ESADG presentará …
Noticias

🌼🍀 MOSTRAS DE PRIMAVERA 2025 🍀🌼 Velaquí temos xa a programación dos espectáculos que o alumnado da ESADG presentará …

🌼🍀 MOSTRAS DE PRIMAVERA 2025 🍀🌼

Velaquí temos xa a programación dos espectáculos que o alumnado da ESADG presentará nas vindeiras semanas, unha oferta suculenta e xenerosa, froito do intenso traballo que se está a realizar en todas as especialidades da escola.

Se desexades asistir a calquera evento, lembrade que as funcións da Sala Pedra Seixa e do Auditorio do Concello de Vigo son abertas e gratuítas para calquera persoa interesada, até completar aforo.

Que viva o 🌹 teatro 🌹 e, tamén, a 🌹primavera 🌹!

@esadgalicia

#mostrasdeprimavera
#salapedraseixa
#salaanavalles
#salachevere
#teatrogalego

Hoxe tivemos canda nós a María Lado, que nos veu falar do seu libro “Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras” e…
Noticias

Hoxe tivemos canda nós a María Lado, que nos veu falar do seu libro “Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras” e…

Hoxe tivemos canda nós a María Lado, que nos veu falar do seu libro “Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras” e de moitas outras historias, que ela enfía nunha fala enérxica e chea de humor.

Con esta presentación inícianse as actividades das Letras Galegas 2025, que deseñou o servizo de Dinamización Lingüística da ESADG.

@lado_maria

#letrasgalegas
#letrasgalegas2025

Con esa fotografía de @jotalores para @farodevigo chéganos a primeira imaxe do «Orfeo ed Eurídice», un obra emblemática …
Noticias

Con esa fotografía de @jotalores para @farodevigo chéganos a primeira imaxe do «Orfeo ed Eurídice», un obra emblemática …

Con esa fotografía de @jotalores para @farodevigo chéganos a primeira imaxe do «Orfeo ed Eurídice», un obra emblemática de amor e perda que poderemos ver hoxe e mañá en Vigo nun proxecto sen precedentes. Alumnado e profesorado da ESAD de Galicia, do Conservatorio Superior de Música de Vigo e do CIFP Audiovisual uníronse para dar vida a esta obra mestra de Gluck, que conta tamén coa participación da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, o CIFP Manuel Antonio, o IES de Teis, o CIFP Valentín Paz Andrade e o CIFP A Granxa de Ponteareas.

🎭 Unha colaboración épica con 200 persoas implicadas (alumnado, docentes e profesionais)

🎭 Música, canto, interpretación, escenografía, vestiario, maquillaxe e proxeccións audiovisuais nun mesmo escenario.

📅 Cando?
XOVES 8 e VENRES 9 de abril | 20:00 h

📍 Onde? Auditorio do CIFP Audiovisual (Bouzas, Vigo)

🔗 Un proxecto pedagóxico único, posible grazas á rede de centros públicos e á implicación de tod@s.

👉 @esadgalicia
👉 @cmusvigo
👉 @cifp.audiovisual.vigo
👉 @eoi_vigo_oficial
👉 @cifpma
👉 @iesdeteis
👉 @cifp.paz.andrade
👉 @cifp_a_granxa

💪 @escenografia.gal 💪

📌 Cal é a túa historia favorita de 💔amor tráxico💔 ?

Coméntanolo!

O prazo de inscrición ás probas de acceso aos estudos de arte dramática da ESAD de Galicia xa está aberto desde agora at…
Noticias

O prazo de inscrición ás probas de acceso aos estudos de arte dramática da ESAD de Galicia xa está aberto desde agora at…

O prazo de inscrición ás probas de acceso aos estudos de arte dramática da ESAD de Galicia xa está aberto desde agora até o 16 de xuño de 2025.

As probas de acceso serán diferentes para cada especialidade e terán lugar nas seguintes datas:

▶ O 7 de xullo, as de escenografía e as de dirección escénica e dramaturxia.

▶ Do 7 ao 10 de xullo, as de interpretación, en quendas das que se informará máis adiante.

🔍 Máis detalles: https://esadgalicia.com/probas-de-acceso/

@escenografia.gal

Hoxe rematan as actividades do BIP de Teatro Social organizado polo Departamento de Mobilidade e Transición, cinco días …
Noticias

Hoxe rematan as actividades do BIP de Teatro Social organizado polo Departamento de Mobilidade e Transición, cinco días …

Hoxe rematan as actividades do BIP de Teatro Social organizado polo Departamento de Mobilidade e Transición, cinco días de reflexión e traballo práctico nos cales tivemos a honra de compartir e xerar experiencias con alumnado e profesorado da Latvian Academy of Culture e da Universidade do Minho.

No día de onte, asistimos a unha poderosa e emocionante mostra dun obradoiro de teatro comunitario coordinado por Irene Moreira. A seguir, María Xosé Porteiro agasallounos coas súas lúcidas e apaixonantes reflexións sobre a pegada emocional que deixan as migracións.

💙⭐️💙erasmus💙⭐️💙

@lkakademija
@universidade_do_minho
@international.esadg

#erasmus
#bip

Xa leva uns días canda nós, e máis tempo seguirá, a exposición “Castelao escenógrafo”, unha xoia impulsada polo profesor…
Noticias

Xa leva uns días canda nós, e máis tempo seguirá, a exposición “Castelao escenógrafo”, unha xoia impulsada polo profesor…

Xa leva uns días canda nós, e máis tempo seguirá, a exposición “Castelao escenógrafo”, unha xoia impulsada polo profesorado e alumnado de Escenografía e mais polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro.

Aínda vai estar no noso centro até finais deste curso, así que non dubidedes en ver esta marabilla, o noso xeito de conmemorar o 75° aniversario da morte dunha personalidade central da 🔵⚪️ Galiza contemporánea.

@escenografia.gal

#castelao2025
#castelao75aniversario

Na última das accións do CDGLab deste curso, Fran Núñez, director do @cdg_salonteatro asisitiu a un pitching no que o al…
Noticias

Na última das accións do CDGLab deste curso, Fran Núñez, director do @cdg_salonteatro asisitiu a un pitching no que o al…

Na última das accións do CDGLab deste curso, Fran Núñez, director do @cdg_salonteatro asisitiu a un pitching no que o alumnado de 4° presentaba os seus proxectos artísticos.

A nosa canteira de talentos ofreceu un bo feixe de propostas atraentes. Seguro que oiredes falar delas en breve. Estade atenxs a esta promoción. Veñen con 💪 moita forza!

#cdglab
#teatrogalego

Scroll al inicio