ESADS en Red | Escuelas Superiores de Arte Dramático en Red

Imagen de perfil

Mónica Groba LorenzoOffline

0 de 5
0 Ratings
Esta semana na #axendaesadg – Mércores: Xornadas Erasmeiras (cun toque de Samaín) – Xoves: IV concurso de Traxedias (pre…


Esta semana na #axendaesadg – Mércores: Xornadas Erasmeiras (cun toque de Samaín) – Xoves: IV concurso de Traxedias (pre…


Esta semana na #axendaesadg
– Mércores: Xornadas Erasmeiras (cun toque de Samaín)
– Xoves: IV concurso de Traxedias (previo ao solsticio de inverno)
🎭

2025-10-27 Noticias --


Comentarios desactivados en Esta semana na #axendaesadg – Mércores: Xornadas Erasmeiras (cun toque de Samaín) – Xoves: IV concurso de Traxedias (pre…

Anota a #AxendaESADg desta semana 🗓️ – Martes 21: coloquio co director Eduardo Alonso, previo á representación do espec…


Anota a #AxendaESADg desta semana 🗓️ – Martes 21: coloquio co director Eduardo Alonso, previo á representación do espec…


Anota a #AxendaESADg desta semana 🗓️

– Martes 21: coloquio co director Eduardo Alonso, previo á representación do espectáculo Guerra o sábado 25 en @vigocultura
– Mércores 22: Charla e merenda organizada polo Colectivo Cuir da ESADG, coa presenza da activista e actriz Nacha Sánchez.
-Venres 24: café-coloquio na cafetería coa actriz Cris Iglesias, protagonista, no papel de Virxinia, da película Antes de nós, que se proxectará o mércores no Centro @pnillasatlanticasgalicia de Vigo.

2025-10-20 Noticias --


Comentarios desactivados en Anota a #AxendaESADg desta semana 🗓️ – Martes 21: coloquio co director Eduardo Alonso, previo á representación do espec…

Escolma de imaxes dun día inesquecible: a lección inaugural que nos brindou Cándido Pazó. ⭐️⭐️⭐️⭐️⭐️ O curso 2025-26 e a…


Escolma de imaxes dun día inesquecible: a lección inaugural que nos brindou Cándido Pazó. ⭐️⭐️⭐️⭐️⭐️ O curso 2025-26 e a…


Escolma de imaxes dun día inesquecible: a lección inaugural que nos brindou Cándido Pazó.
⭐️⭐️⭐️⭐️⭐️
O curso 2025-26 e a historia do noso centro estarán marcados para sempre por un deses días en que os (re)encontros, a memoria e a xenerosa transmisión dos saberes fan da escola un espazo vital e inspirador.
Profesorado, (ex)alumnado, asociacións veciñais, sindicais, representantes institucionais, culturais, educativas, políticas, persoal de administración e servizos, todas e todos arredor das palabras e da enorme experiencia profesional, tan ben enmarcada pola impecable retrospectiva elaborada pola profesora Cristina Domínguez, de Cándido Pazó.
Velaquí a precisa reivindicación do poder da palabra (escollida, analizada, executada) ou a necesidade de recordar sempre os motivos que nos levan a tomar a decisión de dedicarse a unha profesión transformadora que intervén directamente nas emocións e na consciencia da sociedade.
Foi unha xornada diversa e ampla como o é a obra de Cándido Pazó, inspirada pola comedia da arte, as adaptacións, a narración oral, a consciencia de clase ou o compromiso coa creación para a infancia e a mocidade.
Grazas a todas e todos polo convivio, as anécdotas, as lecturas dramatizadas de Fillos do Sol, a colocación dos elementos escenográficos de Nao d’amores e d’A piragua e o enfeite do noso centro para recibir e acoller, estarmos e convivir, mobilizarnos para crear, coñecer mellor o noso pasado e a nosa cultura e pensarmos en como mellorar a nosa perspectiva de futuro…
Grazas a un novo referente, a un novo mestre, a un garante do bo facer e do respecto pola nosa lingua, a un actor, dramaturgo e director inspirador, grazas Cándido Pazó.

2025-10-15 Noticias --


Comentarios desactivados en Escolma de imaxes dun día inesquecible: a lección inaugural que nos brindou Cándido Pazó. ⭐️⭐️⭐️⭐️⭐️ O curso 2025-26 e a…

🎭 Cándido Pazó inaugura o curso da @esadgalicia cunha lección sobre memoria, escena e compromiso cultural. A escola ren…


🎭 Cándido Pazó inaugura o curso da @esadgalicia cunha lección sobre memoria, escena e compromiso cultural. A escola ren…


🎭 Cándido Pazó inaugura o curso da @esadgalicia cunha lección sobre memoria, escena e compromiso cultural.

A escola rende homenaxe a unha das voces máis recoñecibles do teatro galego, que dá nome tamén á nova Aula Cándido Pazó.

Ademáis, Gonçalo Amorim completará a programación coa súa masterclass ‘A dramaturxia como forma de traballo colectivo’.

🖥 Le a noticia completa en taboas.gal
🖋 @ana_mc01

📸 Daniel Souto Pazó

2025-10-14 Noticias --


Comentarios desactivados en 🎭 Cándido Pazó inaugura o curso da @esadgalicia cunha lección sobre memoria, escena e compromiso cultural. A escola ren…

👉🏽Mañá martes, 14 de outubro, despois da xornada de mañá, teremos esta Masterclass ás 16h30 na Aula Cándido Pazó. O Di…


👉🏽Mañá martes, 14 de outubro, despois da xornada de mañá, teremos esta Masterclass ás 16h30 na Aula Cándido Pazó. O Di…


👉🏽Mañá martes, 14 de outubro, despois da xornada de mañá, teremos esta Masterclass ás 16h30 na Aula Cándido Pazó.
O Director Artístico do FITEI e do Teatro Experimental do Porto, @goncaloamori realizará unha Masterclass baixo o título “A dramaturxia como forma de traballo colectivo”. Gonçalo Amorim é experto en procesos de escrita colectiva para a escena, dende a metodoloxía de “conversas en escena”, adaptación de obras narrativas, convites rapsódicos, traducións, conversas transatlánticas (Transa Atlântica) ou a relación entre a creación musical e escenográfica.

2025-10-13 Noticias --


Comentarios desactivados en 👉🏽Mañá martes, 14 de outubro, despois da xornada de mañá, teremos esta Masterclass ás 16h30 na Aula Cándido Pazó. O Di…

Lección inaugural do curso 2025-26 a cargo de Cándido Pazó 🗓️ Este martes 14 a partir das 11h na Sala Pedra Seixa. O ac…


Lección inaugural do curso 2025-26 a cargo de Cándido Pazó 🗓️ Este martes 14 a partir das 11h na Sala Pedra Seixa. O ac…


Lección inaugural do curso 2025-26 a cargo de Cándido Pazó

🗓️ Este martes 14 a partir das 11h na Sala Pedra Seixa.

O acto comezará ás 11h na Sala Pedra Seixa e estará conducido pola profesora Cristina Domínguez. Haberá distintos momentos que recorden a traxectoria do autor como coloquios sobre os festivais nos que participou estreando espectáculos como Commedia, As do peixe, etc., ou intervencións de exalumnas e exalumnos con fragmentos de obras súas como Fillos do sol. @adrianriosr @albaberi, Melania Cruz, María Armesto, Gonçalo Amorim ou Santi Prego serán algunhas desas persoas que intervirán no acto, así como membros da comunidade educativa ou profesionais en activo que traballan e traballaron con Cándido Pazó e ao mesmo tempo desenvolveron a súa formación na ESADg.

2025-10-10 Noticias --


Comentarios desactivados en Lección inaugural do curso 2025-26 a cargo de Cándido Pazó 🗓️ Este martes 14 a partir das 11h na Sala Pedra Seixa. O ac…

🎓A ESADg promociona a súa oferta educativa en @edugalpontevedra Feira da Educación de Galicia. Dende hoxe mércores ata …


🎓A ESADg promociona a súa oferta educativa en @edugalpontevedra Feira da Educación de Galicia. Dende hoxe mércores ata …


🎓A ESADg promociona a súa oferta educativa en @edugalpontevedra Feira da Educación de Galicia.

Dende hoxe mércores ata o venres día 10 de outubro estaremos dando a coñecer os nosos estudos de Arte Dramática nas especialidades de
🤹🏼‍♂️ Interpretación
🎭 Dirección escénica e Dramaturxia
🎨 Escenografía
Unha oportunidade para encontrarnos con futuro alumnado, outros centros educativos e profesionais en activo que pasaron polas nosas aulas, coma @melaniacruz, que estará o venres falando do seu traballo como actriz e profesora.

Vémonos no @pazodacultura recinto feiral de #pontevedra

2025-10-08 Noticias --


Comentarios desactivados en 🎓A ESADg promociona a súa oferta educativa en @edugalpontevedra Feira da Educación de Galicia. Dende hoxe mércores ata …

🗓️ Na AXENDA desta semana da ESAD, temos estes 2 actos: – Visita e coloquio con 𝑴𝒂𝒕í𝒂𝒔 𝑫𝒂𝒑𝒐𝒓𝒕𝒂 @un_pretil D…


🗓️ Na AXENDA desta semana da ESAD, temos estes 2 actos: – Visita e coloquio con 𝑴𝒂𝒕í𝒂𝒔 𝑫𝒂𝒑𝒐𝒓𝒕𝒂 @un_pretil D…


🗓️ Na AXENDA desta semana da ESAD, temos estes 2 actos:
– Visita e coloquio con 𝑴𝒂𝒕í𝒂𝒔 𝑫𝒂𝒑𝒐𝒓𝒕𝒂 @un_pretil Director Artístico do Festival @desfoga_espacio Día 1 de outubro mércores ás 13h00 na Biblioteca.
– Visita e obradoiros con 𝑪𝒉𝒆𝒗𝒊 𝑴𝒖𝒓𝒂𝒅𝒂𝒚. Xoves 2 e venres 3. Pola mañá para profesionais das artes escénicas e pola tarde para alumnado e persoas interesadas na creación escénica a partir do corpo e a palabra. En colaboración co festival @sintesevigodanza

#AxendaEsad

2025-09-29 Noticias --


Comentarios desactivados en 🗓️ Na AXENDA desta semana da ESAD, temos estes 2 actos: – Visita e coloquio con 𝑴𝒂𝒕í𝒂𝒔 𝑫𝒂𝒑𝒐𝒓𝒕𝒂 @un_pretil D…

Novas actividades na ESAD de Galicia, abertas a toda a comunidade!!! 📚 📕 📚 Empezan os dous Clubs de lectura! 1. Club …


Novas actividades na ESAD de Galicia, abertas a toda a comunidade!!! 📚 📕 📚 Empezan os dous Clubs de lectura! 1. Club …


Novas actividades na ESAD de Galicia, abertas a toda a comunidade!!!
📚 📕 📚
Empezan os dous Clubs de lectura!

1. Club escena ESAD. Dentro das actividades de dinamización da Biblioteca da escola, este novo curso comezarán novas experiencias lectoras co Club Escena da ESAD.
Poderedes anotarvos do 2 ao 15 de outubro e o día 16, xoves, ás 16h00 terá lugar a primeira sesión, conducida pola profesora Melania Cruz. Será a partir do libro “E continuaremos a contar” de Paula Carballeira, sobre a narración oral. Unha vez que vos inscribades, podedes coller en préstamo un exemplar do libro para a xuntanza do Club do día 16 de outubro ás 16h

2. Animádevos a participar na primeira sesión deste curso do club de lectura feminista da ESAD, no que se falará do libro autobiográfico de Vanessa Springora O consentimento. A sesión terá lugar na Sala do Profesorado ás 15h (ao rematar as clases) o día 29 de setembro e cada quen pode levar o seu xantar. O club é mixto e aberto á participación de PAS, alumnado e profesorado, mesmo podedes vir sen ter lido o libro, só por compatir as impresións con aquelas persoas que si o leron.

2025-09-26 Noticias --


Comentarios desactivados en Novas actividades na ESAD de Galicia, abertas a toda a comunidade!!! 📚 📕 📚 Empezan os dous Clubs de lectura! 1. Club …

Crea a túa propia historia. Crea a túa propia escena. Crea a túa propia realidade. Crea a túa propia ESAD. Hoxe tivemos …


Crea a túa propia historia. Crea a túa propia escena. Crea a túa propia realidade. Crea a túa propia ESAD. Hoxe tivemos …


Crea a túa propia historia.
Crea a túa propia escena.
Crea a túa propia realidade.
Crea a túa propia ESAD.
Hoxe tivemos unha fermosa xornada de benvida cun novo lema, novos equipos e novo alumnado xunto ao que continúa os seus estudos. Foron moi estimulantes todas as intervencións e o convivio. 🫂
Bo inicio de curso 2025-26.
Que teñades un bo ano académico, cheo de aprendizaxe, experiencias e vínculos.
#emoción
#compromiso
#comunidade
#galego

2025-09-12 Noticias --


Comentarios desactivados en Crea a túa propia historia. Crea a túa propia escena. Crea a túa propia realidade. Crea a túa propia ESAD. Hoxe tivemos …

Scroll al inicio