ESADS en Red | Escuelas Superiores de Arte Dramático en Red

Novas actividades na ESAD de Galicia, abertas a toda a comunidade!!! 📚 📕 📚 Empezan os dous Clubs de lectura! 1. Club …

Novas actividades na ESAD de Galicia, abertas a toda a comunidade!!! 📚 📕 📚 Empezan os dous Clubs de lectura! 1. Club …
Novas actividades na ESAD de Galicia, abertas a toda a comunidade!!!
📚 📕 📚
Empezan os dous Clubs de lectura!

1. Club escena ESAD. Dentro das actividades de dinamización da Biblioteca da escola, este novo curso comezarán novas experiencias lectoras co Club Escena da ESAD.
Poderedes anotarvos do 2 ao 15 de outubro e o día 16, xoves, ás 16h00 terá lugar a primeira sesión, conducida pola profesora Melania Cruz. Será a partir do libro “E continuaremos a contar” de Paula Carballeira, sobre a narración oral. Unha vez que vos inscribades, podedes coller en préstamo un exemplar do libro para a xuntanza do Club do día 16 de outubro ás 16h

2. Animádevos a participar na primeira sesión deste curso do club de lectura feminista da ESAD, no que se falará do libro autobiográfico de Vanessa Springora O consentimento. A sesión terá lugar na Sala do Profesorado ás 15h (ao rematar as clases) o día 29 de setembro e cada quen pode levar o seu xantar. O club é mixto e aberto á participación de PAS, alumnado e profesorado, mesmo podedes vir sen ter lido o libro, só por compatir as impresións con aquelas persoas que si o leron.

Scroll al inicio