ESADS en Red | Escuelas Superiores de Arte Dramático en Red

Escolma de imaxes dun día inesquecible: a lección inaugural que nos brindou Cándido Pazó. ⭐️⭐️⭐️⭐️⭐️ O curso 2025-26 e a…

Escolma de imaxes dun día inesquecible: a lección inaugural que nos brindou Cándido Pazó. ⭐️⭐️⭐️⭐️⭐️ O curso 2025-26 e a…
Escolma de imaxes dun día inesquecible: a lección inaugural que nos brindou Cándido Pazó.
⭐️⭐️⭐️⭐️⭐️
O curso 2025-26 e a historia do noso centro estarán marcados para sempre por un deses días en que os (re)encontros, a memoria e a xenerosa transmisión dos saberes fan da escola un espazo vital e inspirador.
Profesorado, (ex)alumnado, asociacións veciñais, sindicais, representantes institucionais, culturais, educativas, políticas, persoal de administración e servizos, todas e todos arredor das palabras e da enorme experiencia profesional, tan ben enmarcada pola impecable retrospectiva elaborada pola profesora Cristina Domínguez, de Cándido Pazó.
Velaquí a precisa reivindicación do poder da palabra (escollida, analizada, executada) ou a necesidade de recordar sempre os motivos que nos levan a tomar a decisión de dedicarse a unha profesión transformadora que intervén directamente nas emocións e na consciencia da sociedade.
Foi unha xornada diversa e ampla como o é a obra de Cándido Pazó, inspirada pola comedia da arte, as adaptacións, a narración oral, a consciencia de clase ou o compromiso coa creación para a infancia e a mocidade.
Grazas a todas e todos polo convivio, as anécdotas, as lecturas dramatizadas de Fillos do Sol, a colocación dos elementos escenográficos de Nao d’amores e d’A piragua e o enfeite do noso centro para recibir e acoller, estarmos e convivir, mobilizarnos para crear, coñecer mellor o noso pasado e a nosa cultura e pensarmos en como mellorar a nosa perspectiva de futuro…
Grazas a un novo referente, a un novo mestre, a un garante do bo facer e do respecto pola nosa lingua, a un actor, dramaturgo e director inspirador, grazas Cándido Pazó.
Scroll al inicio