ESADS en Red | Escuelas Superiores de Arte Dramático en Red

🫂Esta semana asistimos a dúas celebracións de asociacións moi importantes para o noso tecido teatral. A ESAD de Galicia…

🫂Esta semana asistimos a dúas celebracións de asociacións moi importantes para o noso tecido teatral.
A ESAD de Galicia acompañou á @aaagalicia no acto do seu 40 aniversario, onde se recoñeceu o traballo e implicación no avance de dereitos laborais do colectivo profesional por parte das actrices e socias fundadoras Rosa Álvarez, Luma Gómez e Gonzalo Uriarte.
Igualmente, estivemos presentes e recollemos un obsequio da @fegatea.teatro no seu 25 aniversario. O seu labor de animación, divulgación e fomento do interese social polo teatro só pode repercutir moi positivamente no ben común da nosa arte.

Estas son dúas das alianzas e pontes que seguiremos a reforzar para lograr o noso obxectivo de facermos entre todas e todos un teatro galego forte, colaborativo, que fomente a formación e a innovación, que persiga os dereitos culturais de toda a cidadanía e o desenvolvemento profesional nas condicións máis dignas e estables posibles para a calidade artística que o sector pode ofrecer.
Con alianzas e colaboracións, con traballo compartido e xuntos, somos máis fortes.
✨✨✨✨

Scroll al inicio