Nova Dirección da ESAD de Galicia.
Daniel G. Salgado será o novo director da ESAD, cun equipo conformado pola dramaturga e actriz Vanesa Sotelo na Xefatura de Estudos, a actriz Noelia Blanco na Secretaría académica e o xestor cultural e dramaturgo Roberto Pascual na Vicedirección.
A nova directiva da ESAD de Galicia, que xa comezou a traballar nas súas respectivas responsabilidades, estará marcada polos tres grandes obxectivos que marcaron o proxecto de Dirección presentado por Daniel G. Salgado: 1. A mellora da xestión e da calidade educativa, 2. O impulso e acompañamento da transición á vida activa do alumnado e 3. O reforzo das relacións externas e da difusión das actividades do centro e a participación.
Un impulso colectivo para un centro único en Galicia, estratéxico para o sector escénico e audiovisual, que celebra os seus 20 anos de existencia e unha nova etapa. 🎭