Hoxe tivemos entre nós a Tres Tigres Teatro, compañía de Córdoba (Arxentina) que se atopa de xira co seu espectáculo “Desde el altillo, historia de un exilio”, unha peza de teatro de obxectos documental e autobiográfica.
Con Carolina Vaca Narvaja e Nella Ferrez aprendemos que “a memoria non se fai soa, faise en colectivo” e captamos o valor dos obxectos como facilitadores na reconstrución de feitos e vivencias.
Tres Tigres actuarán esta semana en Compostela, no marco do XXIX Festival Internacional GALICREQUES.
🗓️ Luns 14 ás 20h, na Alameda
🗓️ Martes 15 ás 11h30 na Fundación SGAE
🗓️ Venres 18 ás 22h na Alameda
@festivalgalicreques
@trestigres.teatro
@carovacanarvaja
@nellaferrez