O Centro Dramático Galego e a ESAD de Galicia desenvolven, desde hai anos, o CDG Lab, un punto de encontro entre o teatro público e o alumnado da escola. Neste curso, as actividades do CDG Lab amplíanse cunha nova proposta: os Acompañamentos Pedagóxicos.
Esta iniciativa pretende convidar profesionais de contrastada experiencia para que asesoren proxectos de alumnado do último curso e ofrezan actividades formativas complementarias ao traballo escolar.
A primeira figura do teatro galego que temos a honra de acoller nesta singular e apaixonante acción será Baltasar Patiño, un artista fundamental para entender a escena galega das últimas décadas.
Xa vos iremos informando por aquí de todas as sorpresas que nos agardan.
Benvido, Balta!
@cdg_salonteatro
@esadgalicia
@escenografia.gal
.
.
.
#teatrogalego
#cdglab
#baltasarpatiño
#acompañamentospedagóxicos