Entre o 30 de xullo e o 2 de setembro permanecerá aberto un novo prazo de inscrición para esas dúas especialidades.
Para accederes a esta convocatoria tes que posuír o título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Tamén podes acceder se tes un título de ensinanzas artísticas superiores, un título universitario ou un título de técnico superior.
Se reúnes algún dos anteriores requisitos, cubre o formulario de inscrición, que atoparás en esadgalicia.com e envíao ao enderezo esad.galicia@edu.xunta.gal xunto coa documentación xustificativa do requisito que cumpras.
As probas de acceso desenvolveranse na ESADG o día 5 de setembro.
A que agardas para te presentares?
