ESADS en Red | Escuelas Superiores de Arte Dramático en Red

🎭🎼🎨🎬🩰🎻 Onte comezou a 6ª edición das Residencias de Artistas Emerxentes de Mariñán, que leva por lema “Terra, mate…

🎭🎼🎨🎬🩰🎻
Onte comezou a 6ª edición das Residencias de Artistas Emerxentes de Mariñán, que leva por lema “Terra, materia e lugar. Isaac Díaz Pardo e Castelao”

A nosa escola está presente, facilitando a participación de 8 alumnos e alumnas de todas as especialidades (Escenografía, Dirección escénica e Dramaturxia e Interpretación) neste espazo de creación, investigación e intercambio interdisciplinar.
Os lugares de experimentación e diálogo, neste ámbito educativo, son fondamente enriquecedores e apostaremos sempre porque o alumnado poida explorar e atopar fontes artísticas ao lado doutras áreas e relatos inspiradores coma os que teñen lugar estes días de traballo, con leccións maxistrais e alianzas.

A RESIDENCIA DE ARTISTAS EMERXENTES (Encontros de Mariñán) é unha das actividades organizadas pola Real Academia Galega de Belas Artes para crear sinerxías entre os distintos centros de formación artística superior en Galicia. Cada edición tómase como referencia a traxectoria dun artista/s. Este ano son dous grandes, que alentan a semente das nosa cultura e sociedade do futuro.
@depucoruna
@culturadadeputaciondacoruna
@easdantoniofailde
@easd_pablopicasso
@easdmestremateo
@easd_lugo
@csmcoruna
@facultadebelasartes
@cifp.imaxe.son
@encontrosdemarinan

Scroll al inicio