Con esa fotografía de @jotalores para @farodevigo chéganos a primeira imaxe do «Orfeo ed Eurídice», un obra emblemática de amor e perda que poderemos ver hoxe e mañá en Vigo nun proxecto sen precedentes. Alumnado e profesorado da ESAD de Galicia, do Conservatorio Superior de Música de Vigo e do CIFP Audiovisual uníronse para dar vida a esta obra mestra de Gluck, que conta tamén coa participación da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, o CIFP Manuel Antonio, o IES de Teis, o CIFP Valentín Paz Andrade e o CIFP A Granxa de Ponteareas.
🎭 Unha colaboración épica con 200 persoas implicadas (alumnado, docentes e profesionais)
🎭 Música, canto, interpretación, escenografía, vestiario, maquillaxe e proxeccións audiovisuais nun mesmo escenario.
📅 Cando?
XOVES 8 e VENRES 9 de abril | 20:00 h
📍 Onde? Auditorio do CIFP Audiovisual (Bouzas, Vigo)
🔗 Un proxecto pedagóxico único, posible grazas á rede de centros públicos e á implicación de tod@s.
👉 @esadgalicia
👉 @cmusvigo
👉 @cifp.audiovisual.vigo
👉 @eoi_vigo_oficial
👉 @cifpma
👉 @iesdeteis
👉 @cifp.paz.andrade
👉 @cifp_a_granxa
💪 @escenografia.gal 💪
📌 Cal é a túa historia favorita de 💔amor tráxico💔 ?
Coméntanolo!