Esta fin de semana, a ESAD de Galicia participou nun encontro celebrado no TOPIC de Tolosa, un centro integral para a arte dos monicreques, único en Europa e unha referencia a nivel internacional.
Ao longo de dúas xornadas, representantes de ESADs do estado español, de UNIMA e de dous importantes centros franceses de formación e difusión da arte dos monicreques (Espace Jéliote e Odradek) estivemos a deseñar propostas para impulsar a futura formación superior na arte dos títeres e obxectos.
Agradecémoslle profundamente a Estitxu Zaldua e Juanjo Herrero a súa iniciativa e marabillosa organización, así como á Deputación Foral de Gipuzkoa, pola súa colaboración no evento.
@esadgalicia @topictolosa @estitxuzaldua @jjherrero @gipuzkoa @dantzerti @resad_madrid @institutdelteatre @unima_spain @odradek_pupellanogues @espacejeliote